Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española do Século de Ouro 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A11 A14 A15 A16 B1 B5 B6 B7 C3 Será preciso a realización dun traballo tutelado escrito sobre un dos temas da materia.
As datas de entrega serán inapelables.
40
Lecturas A2 A7 A16 A17 B5 Realizaranse probas de lectura no día en que se comence a impartir o tema ao que corresponde a lectura prevista. 10
Proba mixta A2 A7 B6 C1 C4 Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
50
 
Observacións avaliación

Realizaránse controis de lectura, pois a súa realización é 
imprescindible para a adquisición dos contenidos teóricos e prácticos, así como para as aplicación metodolóxicas da materia. 

O plaxio da totalidade ou de
parte de traballos alleos, especialmente dos que figuran en internet, conlevará
a cualificación de 0 

Aqueles alumnos que non superen a materia na convocatoria
de xaneiro, terán que reelaborar na segunda oportunidade de xullo as
actividades cuxos resultados teñan sido insatisfactorios. Manteranse as calificacións
das actividades non reelaboradas. As porcentaxes das lecturas seguirán a ser
as arriba indicadas. Os alumnos que non teñan realizado o traballo ou non
se teñan presentado á proba mixta en xaneiro, presentaranse na segunda
oportunidade de xullo consonte ao mesmo sistema de avaliación.

Para aprobar a materia será preciso ter, como mínimo, un 4 na proba  mixta.

Serán calificados en xaneiro
con Non Presentado (N.P.)  aqueles estudantes que non se presenten á proba
mixta.

O alumnos aos que se lles teña
concedida a dispensa académica terán que realizar as mesmas actividades que o
restante dos da aula (, xa que non se reserva ningunha porcentaxe da avaliación á asistencia e
participación na aula. ­­­­

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes