Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Sintaxe do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A15 A19 B3 B6 B7 A proba mixta consistirá nun exame global da materia que se realizará ao finalizar o curso. 40
Lecturas A3 A10 A11 A21 B3 Ao finalizar cada un dos bloques de contido farase unha proba de control de lecturas. 30
Traballos tutelados A1 A3 A5 A11 A14 A19 B2 B6 B7 O traballo, que sería redactado por escrito, será tamén presentado oralmente en clase. 20
Solución de problemas A1 A2 A3 A11 A15 A19 B1 B2 B7 Para a avaliación dos problemas terase en conta a participación oral do alumno en clase. 10
 
Observacións avaliación

Nas dúas oportunidades de avaliación (primeira avaliación en xuño e segunda avaliación en xullo), a proba mixta consistirá na avaliación global de todos os contidos.

De acordo coas normas da
facultade, na proba mixta hase de obter unha cualificación mínima de 4
puntos (sobre 10) para aprobar a materia.

Cualificarase como non
presentado a quen non se presente ao exame final oficial,
independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda
edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os
instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que
na primeira edición. Só cualificarase como non presentado a quen xa
tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non
se presente ao exame oficial de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes