Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Sintaxe do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A15 A19 B3 B6 B7 A proba mixta consistirá nun exame global da materia que se realizará ao finalizar o curso. 50
Traballos tutelados A1 A3 A5 A11 A14 A19 B2 B6 B7 O traballo, que será redactado por escrito, será tamén presentado oralmente en clase se o número de matriculados o permite. 20
Solución de problemas A1 A2 A3 A11 A15 A19 B1 B2 B7 Valoraranse diversas actividades realizadas na aula ou fóra, como formación autónoma, continuación da docencia interactiva. 30
 
Observacións avaliación

De acordo coas normas da facultade, na proba mixta hase de obter unha cualificación
mínima de 4 puntos (sobre 10) para aprobar a materia.

Cualificarase como non presentado quen non se presente ao exame final
oficial, independentemente do número de actividades entregadas.



Na segunda edición de actas (mes de xullo) deberanse recuperar aqueles
instrumentos de avaliación arriba descritos que sexan necesarios para acadar a
cualificación de aprobado, coas mesmas porcentaxes que na primeira edición, se
ben pode variar o número de exercicios esixidos.

Só se cualificará como non presentado quen xa tivese esta cualificación na
primeira edición de actas  e, ademais, non se presente ao exame oficial de
xullo.

O estudante comprométese a gardar unha copia de cada exercicio ou traballo,
en previsión de problemas na recepción.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de
corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión
léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.). Penalizarase a
nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

No referente a plaxio ou outra falta de honradez académica aplicarase o
estipulado nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario
(Modificadas
polo Consello de Goberno de 28 de setembro de 2016).

Alumnos con dispensa académica recoñecida: aplicaráselles o mesmo sistema
de avaliación, con maior flexibilidade nas datas de entrega (agás o exame oficial), que se acordarán entre
profesor e alumno. O traballo tutelado será individual e non será necesario
expoñelo na aula.

 Alumnos erasmus e estranxeiros: Recoméndase un nivel equivalente a B1
como mínimo para matricularse na materia.  Ao final de curso, esixirase un
nivel equivalente a B2.

Alumnado con necesidades especiais. Intentarase, na medida do posible,
adaptar a materia ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes