Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A9 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 O alumno entregará todas as actividades ralizadas ao longo do curso. Valorarase, ademáis da calidade do traballo, o rigor na presentación, a probidade científica e a presentación. 25
Sesión maxistral A3 A5 A11 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 Valorarase a asistencia e participación activa nas aulas, así como a realización dalgún traballo menor. 7
Eventos científicos e/ou divulgativos A3 A11 A18 A21 A22 B3 B5 B7 C6 C7 C8 Valoraráse a asistencia aos eventos e, no seu caso, a participación activa. 3
Aprendizaxe colaborativa A5 A9 A11 A15 A22 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 Valoraráse a capacidade para o traballo en equipo 5
Lecturas A3 A11 A18 A21 A22 B1 B3 B5 B7 C3 C6 Valoraráse a asimilación das leituras que se recomenden durante o curso, tendo en conta que algúns puntos importantes do programa se presentarán baixo esa forma. Unha pequena recensión dunha delas será avaliada. 10
Proba mixta A3 A5 A9 A11 A15 A18 A21 A22 B5 B6 B7 C1 C6 Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para expoñelos. 50
 
Observacións avaliación

Debe terse en conta que a porcentaxe de 10% correspondente á sesión maxistral engloba, en realidade, a valoración da asistencia e participación activa do alumno tanto nas actividades presenciais na aula como nos eventos científicos que se programen. Os diversos traballos e actividades deben ofrecer un axeitado nivel de corrección lingüística, tanto no plano da ortografía como no da redacción (utilización dun rexistro formal, claridade expositiva, emprego correcto da puntuación...).
Calificaráse con "Non presentado" aos alumnos que non realicen a proba ou que non teñan presentado o 50% das actividades que deben realizar dentro ou fora do aula. Na proba mixta debe acadarse unha nota mínima de 4 para superar a materia. Arbitraránse medidas para atender e avaliar aos alumnos con dispensa académica recoñecida.
Na convocatoria de xullo realizaráse unha proba mixta e o alumno haberá de completar aqueles outros apartados (traballo, portafolio, etc.) nos que non tivese acadado previamente o nivel requerido.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes