Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A9 A11 A15 A18 A22 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 Realizarase un traballo práctico, sempre baixo a tutela do profesor. 35
Proba mixta A3 A5 A9 A11 A15 A18 A21 A22 B5 B6 B7 C1 C6 Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para expoñelos. 50
Portafolios do alumno A5 A9 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 A final de curso o alumno entregará unha recopilación das actividades realizadas ao longo do curso, debidamente organizadas, e unha pequena reflexión sobre a utilidade que para el tiveron. 10
Obradoiro A11 A15 A18 A21 A22 B1 B7 Tempo reservado especialmente á realización de prácticas de análise filolóxica e ao coñecemento de ferramentas útiles na nosa disciplina 5
 
Observacións avaliación

Os diversos traballos e actividades deben ofrecer un axeitado nivel de corrección lingüística, tanto no plano da ortografía como no da redacción (utilización dun rexistro formal, claridade expositiva, emprego correcto da puntuación...). 

Calificaráse con "Non presentado" aos alumnos que non realicen a proba mixta. 

Na proba mixta debe acadarse unha nota mínima de 4 para superar a materia.

A materia poderá ser adaptada a estudantes con minusvalideces e aos que non teñan un nivel de español similar ao nativo.

Na convocatoria de xullo realizaráse unha proba mixta, que contará o 50%. O 50% restante recaerá no traballo tutelado, que será individual e nas actividades e participación nas aulas do alumnado.

Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia

Estes alumnos avaliáranse mediante a proba mixta (50%)  mais un trabalho tutelado individual (50%), tanto na primeira oportunidade coma na segunda.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes