Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española do Século de Ouro 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A9 A10 A11 A15 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C6 A asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións interactivas de aprendizaxe colaborativa e obradoiro será controlada e avaliada de xeito continuado. 10
Traballos tutelados A9 A11 A15 A16 A18 B6 B7 B10 C6 A partir das obras e os autores obxectos da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos. O traballo será individual e a profesora supervisará o seu desenvolvemento en horas de titoría. O traballo entregarase con antelación suficiente para dar tempo a adecuada corrección y revisión. O traballo terá unha extensión mínima de 10 e máxima de 15 páxinas a 2 puntos interliñais e fonte Times New Roman 12. 40
Proba mixta A1 A9 A11 A17 C1 C6 Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
50
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán
traballos entragados na data marcada e con antelación suficiente respecto da
proba mixta. Calquera indicio de plaxio conlevará a cualificación de cero (0).

Non se poderá
aprobar a materia sen ter unha calificación mínima de 4 sobre 10 na proba
mixta.

Na segunda oportunidade (xullo) os alumnos que suspenderen a proba mixta
(40%) deberán repetila na data fixada polo Centro; os alumnos que suspenderen o
traballo tutelado (60%), deberán corrixir as deficencias e incorpor as
mellloras indicadas pola profesora. A data de entrega do trabajo tutelado será
o mesmo día que a fixada oficialmente para o exame.  

Moi importante:
o alumno será avaliado e calificado sempre que se presente á proba mixta.
Recibirá a calificación de "NON PRESENTADO" cando non se presente ao
exame.

Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa
realizarán as mesmas probas que os demáis: proba mixta (40%) e traballo tutelado
(60%) por non se considerar na avaliación a asistencia e a participación na
aula. Arbitraranse de acordo co alumno todas as medidas de atención necesarias. 

Calquera forma de plaxio, como a
cita de traballos alleos sen marca de tal o usen a referencia correspondente, suporá
o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo será de aplicación a calquera
forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o
programa de deteción de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes