Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Español Actual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumnado estará ao día das lecturas recomendadas polo profesorado ao inicio de cada tema. Estas lecturas son fundamentais para o seguimento da materia.
Proba mixta O día sinalado no calendario de exames da Facultade, o alumnado realizará o correspondente exame que terá carácter teórico e práctico.
Sesión maxistral O profesorado exporá na aula os contidos principais de cada tema.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado, ben de xeito individual, ben en grupo. O profesorado proporcionará os temas e lecturas para o mesmo, ao igual que as indicacións precisas para a súa elaboración a través da plataforma Moodle. O seguimento dos traballos realizarase en horario de titorías.
Presentación oral Os traballos serán expostos oralmente na aula. As características coas que deberán contar estas exposicións, así como os criterios de avaliación das mesmas, serán distribuidos entre o alumnado a través da plataforma Moodle.
Eventos científicos e/ou divulgativos Os alumnado asistirá aos eventos científicos –sesións de congresos, coloquios, conferencias– relacionados cos contidos da materia.
Estudo de casos Unha parte da materia consistirá na realización de exercicios, comentarios e debates nos que o alumnado aplicará os coñecementos adquiridos ao longo das sesións teóricas da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes