Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Español Actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 O asunto, características, proceso de realización, condicións de avaliación, procedimento e data de entrega do traballo tutelado serán detallados nun documento exposto en Moodle. 20
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A15 A21 B1 B2 B6 B7 B8 C1 C2 Dous dos exercicios propostos ao longo do cuatrimestre serán entregados á docente para a súa avaliación. As datas de realización e recollida destes exercicios serán determinadas na aula, con tempo de antelación suficiente para que o alumnado os poida preparar. 20
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 A20 A21 A22 B3 B4 B5 B6 B7 Realizarase no día indicado no calendario oficial de exames fixado pola Administración da Facultade.
Trátase dunha proba teórico-práctica na que o alumnado deberá demostrar ter asimilado os contidos estudiados ao longo do cuatrimestre.
50
Presentación oral A5 A15 B2 B4 B6 O traballo académico realizado por escrito será exposto de maneira oral.
Valorarase a soltura na exposición, a adecuación ao estilo académico e a utilización de axudas técnicas.
10
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (exame, traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. A calificación obtida na proba mixta ou exame deberá ser, como mínimo, un 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

3. Os traballos e restantes actividades entregados fora do prazo estipulado serán penalizados cun 50 % da nota. 

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exames ou outras variábeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate.

5. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non se presente ao exame, aínda que teña realizado as restantes actividades.

6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo, presentación oral ou entrega de exercicios por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.

7. A materia poderá ser adaptada ao estudiantado con necesidades especiais, así como ao estudantado procedente de convenios e programas internacionais que non teña un nivel de competencia lingüística en español semellante ao nativo. Nestes casos, as persoas afectadas deberán contactar de maneira inmediata á docente no inicio do cuatrimestre, tras a súa incorporación á materia. 

8. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B1 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:

-Proba mixta, na mesma data e coas mesmas características que todo o restante alumnado: 50 %

-Traballo tutelado: 50 %

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para a docente.

Oportunidade extraordinaria de decembro

O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización de un exame que suporá o 100% da calificación. 



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes