Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Español Actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 Traballo individual no que os alumnos tratarán con detalle un aspecto dos estudiados na materia. As características concretas explicáranse en clase e expóranse en Moodle. Entrégarase a través desta plataforma antes do 4 de decembro. 50
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A15 A21 B1 B2 B4 B6 B7 B8 C1 C2 Nas sesións do grupo de taller realizáranse diversas actividades, resumes de lecturas, exercicios, comentarios, nas cales aplicáranse os conocementos adquiridos nas sesións teóricas e nas lecturas. Entregáranse para calificar catro destas actividades. Avísarase con tempo da data de entrega. 50
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (exame, traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. A calificación obtida na proba mixta ou exame deberá ser, como mínimo, un 4 (sobre 10) para poder aprobar a materia, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

3. Os traballos e restantes actividades entregados fora do prazo estipulado serán penalizados cun 50 % da nota. 

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia ou outras variábeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate.

5. Obturan a calificación de NP (non presentado) os alumnos que non entreguen o traballo tutelado.

6. Os alumnos que teñan que superar a materia en segunda oportunidade recuperarán as actividades suspensas.  A profesora facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo e das actividades. Entregáranse por Moodle antes do 30 de xuño.

7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B1 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

-Poñéranse en contacto coa profesora nas primeiras semanas do curso.
-Os procedementos e os porcentaxes da avaliación son os indicados arriba.
-A entrega das actividades será sempre a través de Moodle, nun apartado especial para eles.   
-As tutorías se concertarán por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora.
-Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través de Moodle e do correo electrónico.

Oportunidade extraordinaria de decembro

A avaliación consistirá en unha proba teórico-práctica



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes