Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Español Actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 Traballo individual no que os alumnos tratarán con detalle un aspecto dos estudiados na materia. As características concretas explicáranse en clase e expóranse no Campus Virtual. Entrégarase a través desta plataforma antes do 13 de xaneiro. 50
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A15 A21 B1 B2 B4 B6 B7 B8 C1 C2 Nas sesións interactivas realizáranse diversas actividades, resumes de lecturas, exercicios, comentarios, nas cales aplicáranse os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas e nas lecturas. Entregáranse para calificar dous destas actividades nas datas indicadas no cronograma da materia. 25
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A5 A15 A20 A21 B1 B6 C1 Nas sesións interactivas realizáranse comentarios e análises de textos diversos. Entregáranse para calificar dous destas actividades nas datas indicadas no cronograma da materia. 25
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas  (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. Os traballos e restantes actividades entregados fora do prazo estipulado serán penalizados cun 50 % da nota. 

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, etc.) será penalizada dacordo coa normativa académica.

5. Obterán a calificación de NP (non presentado) os alumnos que non entreguen o traballo tutelado.

6. Os alumnos que teñan que superar a materia en segunda oportunidade recuperarán as actividades suspensas ou non realizadas.  A profesora facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo e das actividades. Entregáranse no Campus Virtual antes do 4 de xullo.

7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

8. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

-Poñéranse en contacto coa profesora nas primeiras semanas do curso.
-Os procedementos e os porcentaxes da avaliación son os indicados arriba.  
-As tutorías se concertarán por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora.
-Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico.

Oportunidade extraordinaria de decembro

A avaliación consistirá en unha proba teórico-práctica



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes