Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Español Actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 Traballo individual no que os alumnos tratarán con detalle un aspecto dos estudiados na materia. As características concretas explicáranse en clase e expóranse no Campus Virtual. Entrégarase a través desta plataforma antes do 16 de xaneiro. 50
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A11 A15 A19 A20 A21 B1 B2 B3 B6 C1 Avaliaranse catro actividades das realizadas dentro da aula. As datas de entrega ou de avaliación na aula recóllense no documento "Cronograma" no Campus Virtual. 50
 
Observacións avaliación

1. Os alumnos que asistisen a todas as sesións de clase, sen unha soa falta de asistencia (só admitiranse documentos xustificativos oficiais) e teñan aprobada a materia obterán un punto extra na cualificación final.

2. En todas as actividades escritas, exame, traballos, exercicios, comentarios, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Se penalizarán as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha descontarase da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor para os alumnos  Erasmus ou doutros programas de intercambio.

3. Os traballos e restantes actividades entregados fora do prazo estipulado serán penalizados cun 50 % da nota. 

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio.


5. Obterán a calificación de NP (non presentado) os alumnos que non entreguen o traballo tutelado.

6. Os alumnos que teñan que superar a materia en segunda oportunidade o farán mediante un exame teórico-práctico na data indicada no calendario de exames.

7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

8. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

-Poñéranse en contacto coa profesora nas primeiras semanas do curso.
-Os procedementos e os porcentaxes da avaliación son os indicados arriba.  
-As tutorías se concertarán por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora.
-Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico.

Oportunidade extraordinaria de decembro

A avaliación consistirá en unha proba teórico-práctica



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes