Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  A Literatura Inglesa nos seus Textos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A6 A7 A14 A15 B6 Exame final que inclue ensaio e/ou comentario de texto. 40
Traballos tutelados A2 A6 A7 A14 A15 B6 B7 C5 C6 Traballo escrito sobre unha das obras traballadas na aula.
6-7 páxinas a dobre espacio.
Valorarase o pensamento crítico, a referencialidade e a expresión lingüística.
Entregarase o último día de clase.
10
Presentación oral A2 A6 A7 A15 B6 B7 C3 Exposición oral do traballo nas clases prácticas das dúas últimas semanas do curso. 20
Discusión dirixida A7 A14 A15 B7 C5 C6 C7 Participación activa en clases prácticas. 5
Análise de fontes documentais A2 A6 A7 A14 A15 B6 B7 C1 C3 C5 C6 C7 Durante o curso realizaranse comentarios de texto na aula y cinco deles serán recollidos e puntuados (5 puntos cada un). 25
 
Observacións avaliación
  • A nota final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán obter tamén un mínimo de 1.6 sobre 4 puntos no exame, e de 2.4 sobre 6 na evaluación continua (comentarios de texto, traballo e presentación oral).
  •  Os alumnos/as que non fagan exposicións orais ou comentarios de texto na clase non terán notas de evaluación continua para aprobar. É necesario obter 2.4 puntos sobre 6 e terán que recuperalos na convocatoria de recuperación ou segunda oportunidade, ainda que teñan 5 de 5 puntos entre o exame de primeira oportunidade (4) e o traballo escrito (1), algo que obviamente non é doado.
  • A única lingua empregada en clase, os traballos e os exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquer actividade. Polo tanto recoméndase ós alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen. Tampouco se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico,e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia.
  • Cando o alumno/a, por circunstancias varias (enfermedade xustificada, dispensa, etc) , non poda facer a presentación oral, sempre poderá entregar un segundo traballo por escrito antes de exame de primeira oportunidade para que a actividade compute entón. 
  • Os alumnos/as que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das actividades.
  • Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para comentar as alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade. En todo caso, o alumno deberá facer dous traballo escritos (60 %) e logo o exame.
  • A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 40% exame final + 60% actividades que sustituirán o traballo feito na clase durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade. Os alumnos repitirán o que necesiten.
  • Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes