Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas do Mundo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Linguas do Mundo Código 613G01030
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Alonso Ramos, Margarita
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da diversidade das linguas en relación coa unidade fundamental da linguaxe, a través da exploración das principais familias lingüísticas e as súas relacións históricas, a tipoloxía lingüística e os universais lingüísticos. llll
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral Lecturas Obradoiro Traballos tutelados (computa na avaliación) Proba mixta (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican A sesión maxistral, o obradoiro e a supervisión dos traballos tutelados realizarase a través de TEAMS. Os estudantes terán 1 sesión semanal a través de TEAMS para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. A proba mixta realizarase en Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: diariamente, para facer consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados e das prácticas. Moodle: semanalmente. Subirase material de apoio así como as actividades vinculadas a cada tema. Tamén utilizaranse os foros de actividades para apoiar os traballos tutelados. Poderase programar sesións para titorías personalizadas. 4. Modificacións na avaliación Proba mixta: 30 % Traballos tutelados: 70% *Observacións de avaliación: Manteranse as mesmas que figuran na guía docente, agás as referencias ao cómputo da asistencia que só se realizará até o momento que se suspenda a actividade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes