Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas do Mundo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. As profesoras prestaranlle axuda no momento en que o precise e demande. Unha das actividades poderá ter carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo.
Sesión maxistral As profesoras exporán os contidos xerais do tema. Potenciarase en todo momento a discusión e o debate.
Obradoiro Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión das profesoras, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo test e un mapa no que deberán situarse as principais familias de linguas do mundo (40% da cualificación final).
Lecturas Conxunto de artigos e capítulos de libro seleccionados polas profesoras para a preparación dos distintos contidos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes