Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas do Mundo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C6 C8 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. As profesoras prestaranlle axuda no momento en que o precise e demande. Unha das actividades poderá ter carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo.
30
Sesión maxistral A3 B3 B5 B9 C8 As profesoras exporán os contidos xerais dos temas. Valorarase a asistencia e a participación na aula. 10
Obradoiro A1 A14 A15 B1 B5 C3 C6 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión das profesoras, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 20
Proba mixta A3 A15 B1 B3 B5 B7 Proba que integra preguntas tipo test e un mapa no que deberán situarse as principais familias de linguas do mundo (40% da cualificación final). 40
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1. O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 40% obterase pola PROBA MIXTA que os estudantesrealizarán ao remataren a materia e nas datas, horas e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. Teñen dúas oportunidades: unha primeira ao final do primeiro cuadrimestre, e unha segunda na primeira quincena de xullo. Moi importante: os estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita para poder superar a materia. Ningún estudante obterá o 100% da súa cualificación final con esta proba: todos serán cualificados coa distribución porcentual aquí recollida.

2.2) Un 50% obterase da realización das ACTIVIDADES (individuais ougrupais) ao longo do curso. As actividades deben entregarse nas datas fixadas: de non ser así, computarán cun 0 na primeira oportunidade, e avaliaranse (de ser o caso) na segunda.

2.3) Un 10% responderá á ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN do estudante ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a súa forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementosque teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo.

3. CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES E 2ª OPORTUNIDADE DE XULLO.

3.1) De suspender a materia en xaneiro por non acadar 4 puntos na proba mixta,deberá facela de novo en xullo (2ª oportunidade).

3.2) De suspender a materia en xaneiro por non superar ou entregar algunha/s actividade/s, deberá realizar as actividades substitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade: consideraranse superadas só aquelas nas que acadara un 5.00. As profesoras farán público en xuño de 2016 que actividades fará cada alumno, así como unha serie de instrucións: o prazo de entrega remata coa celebración da proba mixta de xullo (2ª oportunidade.)

3.3) Os estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo: (i) proba mixta escrita, 50%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 50%. A mesma porcentaxe se aplicará ás persoas que teñan licenza especial que xustique a falta de asistencia.

3.4) Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que,ademais, (b) entreguen unha porcentaxe igual ou inferior ao 50% das actividades avaliables.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes