Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas do Mundo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C6 C8 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. As profesoras prestaranlle axuda no momento en que o precise e demande. Unha das actividades poderá ter carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo.
30
Sesión maxistral A3 B3 B5 B9 C8 As profesoras exporán os contidos xerais dos temas. Valorarase a asistencia e a participación na aula. 10
Obradoiro A1 A14 A15 B1 B5 C3 C6 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión das profesoras, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 20
Proba mixta A3 A15 B1 B3 B5 B7 Proba que integra preguntas tipo test e un mapa no que deberán situarse as principais familias de linguas do mundo (40% da cualificación final). 40
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1. O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 40% obterase pola PROBA MIXTA que os estudantes realizarán ao remataren a materia e nas datas, horas e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. Teñen dúas oportunidades: unha primeira ao final do primeiro cuadrimestre, e unha segunda na primeira quincena de xullo. Moi importante: os estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita para poder superar a materia. Ningún estudante obterá o 100% da súa cualificación final con esta proba: todos serán cualificados coa distribución porcentual aquí recollida.

2.2) Un 50% obterase da realización das ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso. As actividades deben entregarse nas datas fixadas: de non ser así, computarán cun 0 na primeira oportunidade, e avaliaranse (de ser o caso) na segunda.

2.3) Un 10% responderá á ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN do estudante ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a súa forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo.

3. CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES E 2ª OPORTUNIDADE DE XULLO.

3.1) De suspender a materia en xaneiro por non acadar 4 puntos na proba mixta,deberá facela de novo en xullo (2ª oportunidade).

3.2) De suspender a materia en xaneiro por non superar ou entregar algunha/s actividade/s, deberá realizar as actividades substitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade: consideraranse superadas só aquelas nas que acadara un 5.00. As profesoras farán público en xuño qué actividades fará cada alumno, así como unha serie de instrucións: o prazo de entrega remata coa celebración da proba mixta de xullo (2ª oportunidade). As mesmas instrucións aplicaranse tamén no caso da convocatoria adiantada de decembro para alumnado de finalización de estudos.

3.3) Os estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo: (i) proba mixta escrita, 50%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 50%. A mesma porcentaxe se aplicará ás persoas que teñan dispensa académica ou que xustiquen a falta de asistencia.

3.4) Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que,ademais, (b) entreguen unha porcentaxe igual ou inferior ao 50% das actividades avaliables.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes