Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española. Teatro
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lecturas de Literatura Española. Teatro Código 613G01031
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Lectura crítica e comentario de textos dramáticos dunha ou varias etapas da Literatura Española. A materia ten un carácter eminentemente práctico, de xeito que non se contempla a priori o deseño dun temario articulado en unidades. Non obstante, haberá unha introducción que permita ao alumnado o uso de ferramentas para aprender a técnica do comentario de textos dramáticos. Contemplaranse necesariamente estes apartados: 1.Introducción metodolóxica 2.Contextualización histórico-filolóxica 3.Lectura, análise e comentario literario dos textos teatrais en español que se especificarán na guía docente
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen –Sesión maxistral (telemática síncrona ou asíncrona) –Actividades do Obradoiro (Moodle, Teams ou e-mail) –Traballos tutelados (Moodle, Teams ou e-mail) –Atención personalizada (Moodle, Teams ou e-mail) *Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado –Correo electrónico –Moodle –Teams (con sesións síncronas ou asíncronas en virtude das necesidades e posibilidades do alumnado e o profesor). 4. Modificacións na avaliación Ningunha *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - O alumnado que tivese dificultades para o seguimento da materia durante a aplicación deste plano de continxencia por motivos de saúde, de conciliación (coidado de menores ou maiores dependentes) ou de carencia de recursos técnicos, de espazo ou materiais, deberá porse en contacto co profesorado para arbitrar as condicións de flexibilización necesarias a fin de minimizar o impacto destas circunstancias no seu desempeño académico. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os materiais de traballo estarán ao dispor do alumnado (na WWW, vía e-mail ou a través de Moodle).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes