Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española. Teatro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A10 A11 A14 A15 A16 A17 B3 B9 B10 C3 C4 C7 Traballo individual a través do cal o alumnado demostra que asimila e sabe explicar un tema elixido. O traballo terá unha extensión mínima de 10 e máxima de 15 páxinas a 2 espazos interliñais e fonte Times New Roman 12. 70
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A10 A11 A14 A15 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C7 C8 Actividade de reflexión, debate sobre as propostas dos temas e dos documentos de base do traballo individual a desenvolver que serán presentados na aula. 30
 
Observacións avaliación
Obterán a cualificación de NP (no presentado) as persoas que non realicen o Traballo individual titorizado.

O alumnado que suspenda o traballo tutorizado na primeira oportunidade (xuño), deberá volvelo presentar, corrixindo as deficiencias e incorporando as melloras indicadas por la profesora.  A data de entrega do traballo será o mesmo día fixado pola Facultade para o exame oficial de xullo. No caso de que non se complete a actividade de obradoiro en xuño, a alumno fará un exercicio (comentario de texto teatral) proporcionado pola profesora. A data de entrega do exercicio será o mesmo día fixado pola Facultade para o exame oficial de xullo.

O alumnado con dispensa académica adaptarase á presente avaliación por ter a oportunidade de adaptarse ás metodoloxías empregadas.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica. Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes