Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Variedades do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A18 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 C1 Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia que se realizará co seguimento do profesorado. Avaliarase a orixinalidade, o rigor, o correcto e completo manexo das fontes, a axeitada estruturación, a corrección lingüística e a profundidade da análise, ademais da relación coa bibliografía pertinente e cos contidos da materia. Podrerá realizarse individualmente, en parella ou en grupo. Expoñeráse na aula se o número de matriculados o permite. 30
Obradoiro A2 A3 A9 A10 A11 A15 B5 B8 Análise e comentario de textos e mapas dialectais de diversas variedades do español. 70
 
Observacións avaliación

- O traballo
tutelado
. É obrigatoria a titorización e seguimento por parte do profesorado
das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non se admitirá un traballo
que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.

- Os traballos ou
actividades que non se realicen na aula entregaranse a través do Campus Virtual
da UDC nos prazos fixados en cada caso ou por correo
electrónico.

-
As actividades e o traballo deben cumprir coas esixencias de corrección
lingüística propias dos traballos académicos (ortografía, precisión léxica,
rexistro formal etc.). Dependendo da gravidade da
falta, por cada unha descontarase entre 0,25 (acentuación) e 1 punto. A
penalización será menor para os alumnos Erasmus ou doutros programas de
intercambio alleos ao espazo hispanoamericano.

- Deberase gardar
unha copia de cada actividade ou do traballo en previsión de problemas na
recepción.

-
No referente ao plaxio e outras faltas de honradez académica aplicarase o
estipulado nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario e no Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC (artigo 11, apartado 4b)

- Cualificarase como non
presentado
quen non entregue ningunha actividade, incluído o traballo tutelado.

- Na segunda
edición de actas
(segunda oportunidade) poderanse recuperar todos os
instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición. As
actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no
Campus Virtual da UDC. As tarefas e o traballo tutelado, que obrigatoriamente
será individual, entregaranse a data establecida para o exame oficial.

- Na convocatoria
adiantada
de novembro/decembro realizarase un exame teórico-práctico.

-
Alumnado con dispensa académica recoñecida e matrícula a tempo parcial:
aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación, con maior flexibilidade nas datas
de entrega, que se acordarán entre profesor e alumno. O traballo tutelado será
individual e non será necesario expoñelo na aula. Nestes casos, favorecerase o
uso das titorías, presenciais ou virtuais.

- Estudantes que
precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas
de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e
flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención
á Diversidade da UDC ou coa titora de atención á diversidade do centro
(pat.filoloxia@udc.gal).

- Alumnado Erasmus
e de intercambi
o: recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou
superior para cursar esta materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes