Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Presentación oral individual por parte de cada alumno e de cada alumna dunha obra incluída nos contidos da materia e decidido entre a profesora e o/a estudante.
Sesión maxistral Presentación por parte da profesora das liñas xerais de cada un dos temas contemplados no programa da materia co enfoque previsto no descritor.
Será avaliábel a asistencia activa ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será esixido para a superación do curso.
Proba mixta Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Lecturas Lectura obrigada dos textos literarios indicados no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que a profesora indique na aula.
As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Análise de fontes documentais A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación, así como de textos críticos, historiográficos ou xornalísticos, e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas. Previamente, o/a estudante deberá ler e preparar os textos de forma individual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes