Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación por parte da profesora das liñas xerais de cada un dos temas contemplados no programa da materia co enfoque previsto no descritor.
Será avaliábel a asistencia activa ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será esixido para a superación do curso.
Proba mixta Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Traballos tutelados Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigada. As súas dimensións e temática serán acordados coa profesora.
Lecturas Lectura obrigada dos textos literarios indicados no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que a profesora indique na aula.
As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Análise de fontes documentais A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación, así como de textos críticos, historiográficos ou xornalísticos, e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas. Previamente, o/a estudante deberá ler e preparar os textos de forma individual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes