Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C4 C8 As lecturas obrigatorias representan unha das actividades principais do curso polo que deben ser realizadas en tempo para poder participar de forma efectiva nas sesións e, tamén, para levar a cabo a presentación oral.
O control das lecturas poderá realizarse mediante preguntas ou comentarios nas sesións presenciais ou cunha parte específica dentro da proba mixta.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tantos nas sesión maxistrais como nas de análise documental, e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
30
Análise de fontes documentais A2 A4 A7 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 20
Presentación oral A2 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 30, un comentario sobre una das obras incluídas no programa (e que será escollida de acordo coa profesora).
A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. Previamente terá que ter entregado una breve ficha de lectura e un esquema da exposición.
30
 
Observacións avaliación

A avaliación terá en conta o exposto nos apartados anteriores: participación do alumnado na análise de fontes documentais (20%), presentación oral (30%) e proba escrita (30%); para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora (20%).
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora. O resto da cualificación (un 30%) basearase nunha prueba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas oblrigatorias.

Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou a proba escrita; ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais. 

O/a estudante con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, que substituirán as actividades presenciais por outras equivalentes, tendo en conta a súa disponibilidade. A fin de programar axeitadamente estas actividades, o/a estudante nesta situación ou noutra equivalente deberá porse en contacto coa profesora no inicio das aulas, enviando un correo electrónico a laura.tato@udc.gal.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes