Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C4 C8 As lecturas obrigatorias representan unha das actividades principais do curso polo que deben ser realizadas en tempo para poder participar de forma efectiva nas sesións e, tamén, para levar a cabo a presentación oral.
O control das lecturas poderá realizarse mediante preguntas ou comentarios nas sesións presenciais ou cunha parte específica dentro da proba mixta.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tantos nas sesión maxistrais como nas de análise documental, e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
40
Análise de fontes documentais A11 A2 A4 A7 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B25 C1 C3 C6 C1 C6 A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 20
Traballos tutelados A1 A12 A1 A3 A4 A22 B8 B11 B4 Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigada. As súas dimensións e temática serán acordados coa profesora. Nel se valorarán o contido, a presentación, así como o uso correcto da bibliografía. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ademais, todas as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). 

Na segunda oportunidade, deberanse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, e e aprobar a
proba mixta.

Terá a calificación de "non presentado" quen non realice o 50% das
actividades. 

O/a estudante con dispensa académica deberá porse en contacto coa profesora enviando un correo electrónico a laura.tato@udc.gal.



Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle)

-------------------------

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes