Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lexicoloxía e Semántica do Español
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Sesión maxistral
Obradoiro
Lecturas
Descrición
A atención personalizada é obrigatoria durante a elaboración do traballo tutelado, cuxa formulación e desenvolvemento son diferentes para cada estudante.

Algunhas actividades dos obradoiros levarán consigo unha fase de preparación e seguimento que implica o uso das titorías.

Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, polo tanto, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios, o traballo tutelado e o exame final despois da súa avaliación.

As titorías poderán ser presenciais ou realizarse mediante correo electrónico, os foros do Campus Virtual ou Teams.

O alumnado con dispensa académica ou con medidas de apoio á diversidade está especialmente invitado a empregar as titorías.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes