Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lexicoloxía e Semántica do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C8 Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia.
Avaliarase a orixinalidade, o rigor, o correcto e completo manexo das fontes, a axeitada estruturación, a corrección lingüística, a calidade e profundidade da análise e a relación coa bibliografía pertinente e cos contidos da materia.
20
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 A22 A23 B4 B5 B10 C1 Exame final na data oficial establecida pola Facultade no que se amosarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. Poderá consistir no desenvolvemento de contidos, aplicación de coñecementos á análise de elementos léxicos ou textos, preguntas cortas, etc. Poderá incluír contidos das sesións maxistrais, os obradoiros e as lecturas. 50
Obradoiro A1 A2 A10 A12 A15 A19 A20 B1 B2 B8 C6 Exercicios que se desenvolverán tanto nas aulas como fóra delas. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Cualificarase como non presentado a quen non se presente ao exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar tódolos instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. Só cualificarase como non presentado a quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame
oficial de xullo.

Para a segunda edición de actas a data límite de entrega do traballo e as actividades será a data fixada oficialmente para o exame.

Os traballos ou actividades enviaranse por correo electrónico dende a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.

Só se aceptarán traballos, actividades etc., que se entreguen no plazo establecido.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.). Penalizarase a cualificación dos escritos que non se axusten a esta norma.

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.

Estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida. Realizarán actividades compensatorias dos obradoiros, previo acordo co profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes