Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lexicoloxía e Semántica do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A11 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C8 Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia.
Avaliarase a orixinalidade, o rigor, o correcto e completo manexo das fontes, a axeitada estruturación, a corrección lingüística, a calidade e profundidade da análise e a relación coa bibliografía pertinente e cos contidos da materia.
35
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 A22 A23 B4 B5 B10 C1 Exame final na data oficial establecida pola Facultade no que se amosarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. Poderá consistir no desenvolvemento de contidos, aplicación de coñecementos á análise de elementos léxicos ou textos, preguntas cortas, etc. Poderá incluír contidos das sesións maxistrais, os obradoiros e as lecturas. Avaliarase o rigor, a exactitude, a axeitada estruturación, a corrección lingüística e a calidade e profundidade da análise. 30
Obradoiro A1 A2 A10 A12 A15 A19 A20 B1 B2 B8 C6 Exercicios que se desenvolverán tanto nas aulas como fóra delas. 35
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

- Cualificarase como non presentado quen non se presente ao exame final oficial nin na primeira nin na segunda oportunidade, independientemente do número de actividades entregadas.

- Na segunda edición de actas poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán na plataforma Moodle. As tarefas e o traballo tutelado entregaranse a data establecida para o exame oficial.

- Os traballos ou actividades entregaranse a través da plataforma Moodle nos prazos fixados. O traballo tutelado entregarase antes do 11 de decembro. Deberase gardar unha copia de cada actividade ou do traballo en previsión de problemas na recepción.

- As actividades, o traballo e o exame deben cumprir coas esixencias de corrección lingüística propias dos traballos académicos (ortografía, precisión léxica, rexistro formal etc.).

- O plaxio, mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica darán lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio. Estas aplicacións poden recoñecer traballos presentados polo estudante noutras materias.

- Na convocatoria adelantada emplearanse os mesmos instrumentos de avaliación coa mesma ponderación. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán na plataforma Moodle.

- Alumnado con dispensa académica de asistencia a clases recoñecida: as tarefas do obradoiro serán substituídas por actividades. O alumnado afectado debe contactar co profesor.

- Estudantes que precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso.

- Alumnado erasmus e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B2 ou superior para cursar esta materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes