Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española dos Séculos XVIII e XIX
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A5 A10 A14 A16 A17 B1 B3 B6 B7 C3 Proba escrita (exame), realizada á final de curso, nas datas oficiais de xuño e de xullo, en que se deberá demostrar o dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos obradoiros e discusións dirixidas. Pode incluír un control das lecturas obrigatorias. 50
Sesión maxistral A17 B1 B3 A asistencia e a participación activa nas sesións maxistrais será controlada e avaliable de maneira continuada. 10
Traballos tutelados A1 A2 A10 A14 A16 B1 B3 B6 B7 C3 Traballo puntuable, escrito, escollido coa tutela do profesor, que no seu caso poderá ser defendido e discutido na aula. 40
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola
proba obxectva escrita (exame) que cada estudante realizará ao finalizar a materia. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 no exame
non se compensaría cunha suma de 7 por traballos tutelados e por asistencia e
participación.) Os exames realizaranse en data, hora e lugar establecidos polos
horarios oficiais do centro.

2. O 40% obterase pola realización dun traballo escrito, tutelado polo profesor, que no seu caso sería exposto e debatido nas aulas.

3. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. A tal fin, estableceranse controis periódicos de asistencia. Observaranse
asemade o aproveitamento e evolución, a dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas
oportunidades (xuño e xullo) será froito dunha avaliación semellante, mediante
un exame e probas obxectivas para as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación.

5. A convocatoria oficial de exame, tanto en
xuño como en xullo, significa a necesidade ineludible da súa realización para
obter cualificación e, por tanto, no caso de xullo, será independente de
calquera exame anterior. No caso dos traballos tutelados, polo contrario, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda convocatoria,
a de xullo. En caso de estar suspensos ou non realizados, deberán ser feitos e entregados antes das
probas pertinentes.

6. O alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse as actividades que se determinen.

7. As probas escritas e as actividades deben
cumprir unhas esixencias mínimas de corrección linguística (acentuación,
ortografía correcta, puntuación, concordancia sintáctica, inexistencia de
reiteracións, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal). As
deficiencias na ortografía e na redacción serán penalizadas na cualificación
con medio punto por falta.

8. No caso de estudantes de lingua estranxeira,
será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión
oral como escrita, equivalente en todo caso ao nivel B2.

9. O alumnado será
avaliado e cualificado sempre que acuda ao exame. Por tanto, recibirán
cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas a
ningunha proba oficial escrita.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes