Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española dos Séculos XVIII e XIX
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 A efectos prácticos, a actividade na aula computarase globalmente co apartado anterior. 0
Traballos tutelados A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Traballo puntuable, escrito, escollido coa tutela do profesor, que no seu caso poderá ser defendido e discutido na aula. 40
Sesión maxistral A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 A asistencia e a participación activa nas sesións maxistrais será controlada e avaliable de maneira continuada. 10
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Proba escrita (exame), realizada á final de curso, nas datas oficiais de xuño e de xullo, en que se deberá demostrar o dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos seminarios e discusións dirixidas. Pode incluír un control das lecturas obrigatorias. 50
 
Observacións avaliación

     A anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

     1. O 50% da cualificación final obterase polas probas escritas (exames), en convocatorias oficiais de primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible compensalo cun 7 pola suma de asistencia e traballos.

     2. O 40% obterase pola realización dun traballo escrito, tutelado polo profesor, que no seu caso sería exposto e debatido nas aulas.

     4. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso, con atención
á aprendizaxe colaborativa.

     5. Para obter cualificación é indispensable
presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda
oportunidade.

     6. Toda avaliación positiva será gardada
para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar
suspensos ou non realizados, os traballos entregaranse antes da proba escrita.

     7. O alumnado con dispensa académica recoñecida
deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es,
co asunto: "Asistencia", en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. A
dispensa académica elimina neste caso o 10% correspondente á asistencia e participación. Esa
porcentaxe trasládase ao traballo, que pasará a contar o 45%, e á reseña dunha obra indicada polo profesor, que correspondería ao 5% restante.

     8. No seu caso, e a criterio do profesor, o procedemento anterior podería autorizarse para alumnado con dificultades especiais, para o que este alumnado deberá dar aceptación expresa, comunicada a través dun correo
electrónico a luis.caparros@udc.es, antes do día 15 de setembro.

     9. As probas escritas e as actividades
deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística
en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía correcta, precisión léxica, ausencia de abreviaturas,
rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira será indispensable un
dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

     9. Forma parte das obrigas do alumnado
estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da
plataforma Moodle.

     10. Lémbrase que os dereitos e deberes do
alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web
institucional: http://www.udc.es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado.html
O resto de normativa pode consultarse en: http://www.udc.es/normativa/academica/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes