Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española dos Séculos XVIII e XIX
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Traballo puntuable, escollido coa tutela do profesor, que deberá entregarse en papel ademais de en formato electrónico, na data límite da derradeira sesión de aulas. 50
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Proba escrita (exame), realizada á final de curso, nas datas oficiais de xuño e de xullo, en que se deberá demostrar o dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos seminarios e discusións dirixidas. Pode incluír un control das lecturas obrigatorias. 50
 
Observacións avaliación

     A anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

     1. O 50% da cualificación final obterase polas probas escritas (exames), en convocatorias oficiais de primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible compensalo cun 7 pola suma de asistencia e traballos.

     2. O 50% restante obterase pola realización dun traballo escrito, tutelado polo profesor. Elimínase, xa que logo, o cómputo da asistencia, malia ser absolutamente necesaria.

     3. Para obter cualificación é indispensable
presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda
oportunidade.

     4. Toda avaliación positiva será gardada
para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar
suspensos ou non realizados, os novos traballos entregaranse antes desta última proba escrita. Isto serve igualmente para a cualificación do 10% contemplada no punto 3, que se manterá na segunda oportunidade.

     5. A convocatoria adiantada de decembro consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba específica sobre as lecturas propias da materia (50% da cualificación). Esta última pode ser oral.

     6. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicar a súa situación por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto: “Dispensa de asistencia 2022-2023", en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula.

     7. O punto anterior é de aplicación tamén ao alumnado con con problemas xustificados para a asistencia regular ás aulas, 

     8. O prazo límite para a entrega dos traballos escritos de curso, en papel e en formato electrónico, será o da derradeira sesión de aulas.

     9. As probas escritas e as actividades
deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística
en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía correcta, precisión léxica, ausencia de abreviaturas,
rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira será indispensable un
dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

     10. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

     11. Forma parte das obrigas do alumnado
estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da
plataforma Campus virtual.

     12. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán dirixirse aos servizos disponíbeis na UDC, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico: Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) ou coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

     13. Lémbrase que os dereitos e deberes do
alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web
institucional: https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en: https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes