Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Hispanoamericana
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte á materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Sesión maxistral A sesión maxistral contempla a exposición razoada de metodoloxías e contidos, alén da exposición do contexto estético e histórico en que se insire a proposta de cada un dos temas do programa. A sesión maxistral ten carácter teórico e posúe o valor imprescindible de conter os fundamentos das sesións prácticas, que axudan ao alumnado co dominio das competencias da materia. Prepara para a autoformación, para as sesións de traballo no obradoiro e posteriormente para a proba mixta.
Obradoiro O obradoiro consta dunha serie de traballos prácticos cos que se procura o dominio da disciplina mediante a aplicación de formulacións metodolóxicas diversas. O alumnado realizará comentarios, simulacións, discusións dirixidas, análises de documentos e, tamén, propostas razoadas de investigacións futuras nun tema, e analizarán a súa viabilidade.
Proba mixta A proba mixta consistirá na realización dun cuestionario sobre diferentes contidos da materia e tamén un ensaio orixinal en que se poderá solicitar a explicación dun tema contextual ou estético-literario, que se aplique e se exemplifique mediante a análise dun fragmento facilitado ao alumno ou alumna e que este deberá recoñecer e explicar. A proba mixta poderá contemplar tamén un apartado de identificación de obras do programa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes