Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española dos Séculos XX e XXI
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 B5 B7 Traballos persoais titorizados polo profesor ou profesora da materia. 50
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 Exame final correspondente ás materias expostas no curso. 50
 
Observacións avaliación

As anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

    
1. O 50% da cualificación final obterase pola proba obxectiva
(exame), en convocatorias oficiais de primeira e de segunda
oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase
obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é
posible compensalo cun 7 pola suma de traballos.

     2. O 50% restante obterase por un conxunto de actividades propostas polo profesor ou profesora e levadas a cabo baixo a súa tutela, que serán desenvolvidas, expostas e debatidas na aula.

     3. Para obter cualificación é indispensable presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

     4. Toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar suspensos ou non realizados, os novos traballos entregaranse antes desta
última proba escrita.

     5. A convocatoria adiantada de decembro consistirá na realización dunha
proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba específica sobre as
lecturas propias da materia (50% da cualificación). Esta última pode ser
oral.

     6. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto: "Dispensa de asistencia 2020-2021", en canto comecen as aulas.

     7. O procedemento anterior podería autorizarse
para alumnado con dificultades especiais de asistencia, como é o caso de
quen repiten curso, sempre que se dea aceptación expresa, comunicada a
través dun correo electrónico co mesmo asunto anterior, "Dispensa de asistencia 2019-2020", a luis.caparros@udc.es.

     8. O prazo límite para a entrega dos traballos escritos de curso, en formato electrónico, será o da derradeira sesión de aulas.

     9. As probas escritas e as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía correcta, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio
punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira será
indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

    
10. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a
marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a
proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia
indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de
detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

     11. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Canmpus Virtual.

     12. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web institucional: https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en: https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes