Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Literaria
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de achegar ao estudante cos principios, a metodoloxía e as características propias da investigación literaria. Para que o alumnado se implique nestas sesións procurarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...).
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías y probas (prácticas guiadas, exposicións, discusións dirixidas, exercicios de comentario, manexo de fontes instrumentais, etc.) a través das que o alumnado se familiariza con distintas técnicas e recursos de investigación, así como con algunhas fontes instrumentais básicas, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que revise algunha lectura ou leve a cabo algún exercicio ou tarefa na casa para desenvolvela posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser recollida(s) pola docente para a súa avaliación
Eventos científicos e/ou divulgativos Aproveitaránse os recursos e medios dispoñibles. Así, os alumnos poderán visitar o Arquivo do Reino de Galica e aproximarse, de xeito directo e práctico, á materialidade do libro e ao funcionamento dun arquivo. No caso de que a visita non puidese levarse a cabo, reemplazaráse esta actividade por outra (visionado dalgún documental, audición dalgunha entrevista ou conferencia de interese accesible en internet...).
Traballos tutelados Cada estudante deberá preparar un breve traballo sobre algún aspecto do programa que a profesora lle asignará seguindo as pautas que no seu momento se establezan para a súa presentación. Na primeira fase, o alumno preparará un breve guion que debe discutir coa docente, ao que despois debe aterse para a súa realización
Actividades iniciais Análise do coñecemento previo que o estudantado ten do labor de investigación no eido literario. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa
Proba mixta Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba adicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo referidos ao programa, fundamentalmente en relación co traballo tutelado e coas tarefas entregadas, a modo de control da autoría deses materiais. Requerirase, ademáis, que acade un nivel de expresión acorde co dun grao universitario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes