Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Literaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A16 B1 B2 B9 B10 C3 C8 Valorarase a asistencia e a participación activa do alumno nas aulas.
10
Proba mixta A1 A2 A11 A14 A17 B6 C1 C3 Se valorarán as habilidades e destrezas aprendidas no curso. 50
Obradoiro A2 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B7 C3 Se valorará a capacidade crítica do alumno mediante diversos exercicios prácticos: exposicións, debates, solución de problemas, análise de textos, etc.). 40
 
Observacións avaliación

As anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

1. O 50% da cualificación final obterase pola proba mixta. Para aprobala, e para aprobar a asignatura, deberase obter nela un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 nesta proba non é posible compensalo cun 7 pola suma doutras actividades e a asistencia.

2. O 40% obterase pola realización de actividades na aula durante o curso.

3. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso, con atención á aprendizaxe colaborativa.

4. Para obter cualificación é indispensable realizar a proba mixta.

5. Toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as probas pertinentes. Isto serve igualmente para a cualificación do 10% contemplada no punto 3, que se manterá na segunda oportunidade.

6. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto: “Dispensa de asistencia", en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. A dispensa académica elimina neste caso o 10% correspondente á asistencia. Esa porcentaxe trasládase a un traballo concertado co profesor, que sería o 10%, e o 40% restante a un exercicio práctico relacionado coa materia. Con todo, dado o carácter fundamentalmente práctico desta asignatura, non se recomenda esta opción.

7. O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas ten a opción de acollerse ao sistema anterior, mediante aceptación expresa, nas condicións do punto 6 e antes do mes de outubro.

8. As probas escritas e as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira, será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

9. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames.

10. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Moodle.

11. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web institucional:
http://www.udc.es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado.html O resto de normativa pode consultarse en: http://www.udc.es/normativa/academica/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes