Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Literaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A11 A14 A16 A17 B1 B3 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C3 Os alumnos prepararán un traballo de iniciación á investigación sobre algún tema literario dos que a profesora propoña. Valorarase a aportación do estudante, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).
45
Proba mixta A1 A2 A5 A9 A11 A14 A17 A18 B6 B10 C1 C3 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión correcta.
25
Obradoiro A1 A2 A3 A8 A11 A15 A22 B1 B2 B6 B7 C1 Valorarase a participación nas aulas, así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións, atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas. 15
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A9 A11 A16 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 Está previsto que os estudantes asistan a un evento divulgativo ou científico. Programarase unha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, onde deberán seguir as explicacións que se lles faciliten co obxectivo de presentar por escrito un texto no que dean conta dos aspectos principais sobre os que se lles ten informado e, especialmente, daqueles que garden relación co tratado nas sesiós maxistrais e nos obradoiros. Deberán presentar un resumo completo e cabal da exposición no que demostren non só que asistiron á visita senon que foron quen de seguilo de maneira comprensiva. No caso en que non se poda levar a cabo esta actividade, reemplazarase por outra (resumo dun audio sobre algún aspecto da materia, visionado dun viídeo) 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando o estudante acade un 4 no traballo tutelado e na proba mixta.


Só se aceptarán os traballos e actividades realizadas e entregadas nas datas previstas, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso. 

Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (40%) e o traballo (60%); debe poñerse en contacto coa docente ao inicio do curso para establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da entrega do traballo e da realización da proba mixta).  O sistema de avaliación será o mesmo para as persoas que participen na convocatoria adiantada de decembro. 

Considerase como “non presentado” o alumno que non entregue o traballo tutelado ou non realice proba mixta.

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes, xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro) nin o Evento. Así, a valoración estará composta polo 60% do traballo e o 40% da "Proba mixta".

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (non só se tomará en conta, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes