Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Cuestións de Historia da Lingua Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A5 A9 A10 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 C7 C8 Exercicios que se desenvolverán tanto na aula como fóra dela. 20
Proba mixta A3 A5 A9 A10 A11 A13 A15 B5 B6 B7 B10 C1 Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno e a súa capacidade para expoñelos. 40
Traballos tutelados A3 A5 A9 A10 A11 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C6 C7 C8 O alumno realizará un traballo tutelado, que se valorará tomando en consideración o rigor científico, a corrección lingüística e a presentación. 40
 
Observacións avaliación

Na avaliación desta materia tomaranse en consideración os exercicios do obradoiro (20%), o traballo tutelado (40%) e a proba mixta (40% da cualificación). 

As actividades entregaranse a través de Moodle dentro do prazo fixado. A entrega das actividades fóra de prazo penalizarase un 50% da nota correspondente.

Para superar a materia, debe alcanzarse unha cualificación mínima na proba mixta de 4 puntos sobre 10. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia...); no caso de producirse deficiencias deste tipo, serán penalizadas na cualificación.

O plaxio (a apropiación de textos o ideas doutros autores sen indicar a súa procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta á ética académica (v. g. a copia na proba mixta), suporá a anulación da actividade da que se trate. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Os alumnos que non superen a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os exercicios do obradoiro (20%) e o traballo tutelado (40%), así como superar a proba mixta (40% da cualificación). 

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)

A cualificación de "Non presentado" será asignada cando o alumno non asista á proba mixta, aínda que realizara o resto de actividades. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.

ALUMNOS CON DISPENSA ACADÉMICA

Os procedementos e as porcentaxes serán os mesmos que para o resto dos alumnos nas dúas oportunidades.

Entregarán as actividades a través de Moodle.

Concertarán as titorías por correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes