Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Contactos Lingüísticos e Literarios na Tradición Románica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A7 A9 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C6 C7 C8 Valorarase a asistencia ás titorías correspondentes, a corrección no contido e na expresión, de modo que se deducirá puntuación por faltas de ortografía e, en xeral, por unha expresión deficiente. Os alumnos/as Erasmus serán obxecto dunha consideración diferenciada en canto ás faltas de expresión, aínda que é esixible un mínimo de corrección lingüística. 50
Proba mixta A7 A14 B5 B7 Realización dunha proba escrita sobre o contido da materia. Aplicaranse os mesmos criterios de corrección lingüística ca na actividade anterior. 50
 
Observacións avaliación

Se o alumno/a realiza o 50% das actividades propostas (o traballo tutelado), aínda que non se presente ao exame, será avaliado/a (a súa cualificación non será, pois, NP). Na segunda oportunidade, o alumnado deberá completar as actividades que se solicitan. A entrega do traballo farase o día do exame oficial.

Non admitiránse os traballos via e-mail, sempre en papel.

Para ser considerado Aprobado na
primeira oportunidade, o alumno/a deberá realizar todas as actividades
propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5, tanto no traballo coma na proba mixta.

Na segunda
oportunidade, o alumno/a deberá recuperar as actividades suspensas (traballo e/ou exame) e obter en cada unha delas un mínimo de 5.

O sistema de avaliación será obxecto de adaptación
para o alumnado con dispensa académica. Terán que facer o traballo tutelado (50 %) e 5 recensións bibliográficas sobre o temario para completar o outro 50 % da evaluación.

Calquera falta de honradez académina se penalizará de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario". Artículo 14.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); o coa titora ADI da Fac. de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes