Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Literatura Latina
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a asistencia e a participación activa de cada estudante no desenvolvemento dos mesmos.
Objective test Proba escrita individual en forma de test, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar e organizar conceptos, resolver problemas e exercer un xuízo crítico.
Supervised projects O estudante elaborará un traballo de curso individual coa orientación e a asistencia do profesor. Este traballo será exposto e discutido publicamente na aula. Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder efectuar a proba obxectiva e superar a materia.
Workbook O estudante fará por contra propia as lecturas obrigatrorias que se lle propoñan e dará conta destas a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva.
Guest lecture / keynote speech Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas publicados a través da plataforma Moddle
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes