Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española. Poesía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Cada estudante debe realizar un traballo tutelado sobre algún aspecto relacionado coa materia, baseándose no estudo e comentario de textos. Valoraráse a capacidade de reflexión, a orixinalidade, o pensamento crítico autónomo e o dominio do idioma.
Sesión maxistral Nestas sesións a profesora abordará as cuestiones referentes tanto á técnica do comentario de textos poéticos, como a temas relativos ás etapas históricas, tradicións literarias... Procuraráse que o alumno participe.
Proba mixta Respondendo por escrito a distintas preguntas (de resposta corta e algunha de desenvolvemento) baixo control da profesora, os estudantes deben demostrar que o trabajo é froito do seu esforzo. Prestaráse especial atención á expresión
Actividades iniciais Análise do coñecemento previo que os estudantes teñen das formas métricas e tradicións literarias que se traballarán durante o curso, así como do seu dominio das técnica da análise de textos. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa.
Obradoiro Mediante a combinación de diversas metodoloxías (discusión dirixida, resumes, reflexións críticas, etc.) o alumno levará a cabo distintas actividades vencelladas coa materia obxecto de estudo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes