Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española. Poesía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C6 C7 C8 O día fixado no calendario de exames, o alumno deberá realizar un exercicio sobre o trabajo tutelado a fin de probar a súa autoría. Valoraráse a reflexión, o espíritu crítico e a expresión, que debe corresponder ao nivel da titulación e estar en consonancia coa exhibida no traballo (no caso de non ser así, tomaráse como referente da competencia lingüística do estudante a da proba levada a cabo baixo control da profesora). 20
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Algunhas das actividades realizadas no obradoiro serán entregadas para a súa avaliación; nalgún caso, o alumno debe, ademáis, realizar algunha leitura ou exercicio previo na casa. Teráse en conta a expresión. 20
Traballos tutelados A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C6 C7 C8 O alumno deberá elaborar un estudo dalgún aspecto vencellado coa materia a partir da análise de textos. Compre que dea conta do seu plantexamento, para o cal presentará, na primeira fase, un esquema; máis tarde debe presentar os seus avances para que a profesora poida facer un seguemento do seu progreso. Valoraráse a profundidade da análise e a capacidade crítica, así como a aportación persoal e a orixinalidade. A expresión debe corresponder ao nivel da titulación. 60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá acadar unha calificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Faráse a media entre as distintas partes cando o estudante acade un 4  sobre 10 no traballo tutelado e na proba mixta.

Aceptaránse únicamente as actividades e traballos realizadas e entregadaas nas datas previstas, seguindo as normas que se precisarán en cada caso.

Dase por suposta a asistencia á clase, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (40%) e o traballo tutelado (60%); debe contactar coa docente ao inicio do curso para establecer con precisión omecanismo de seguemento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas de entrega do traballo e da realización da proba mixta). O sistema de avaliación será o mesmo para as persons que participen na convocatoria adiantada de decembro. 

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidad anterior, ainda que con certa variación sobre as porcentaxes, xa que no se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (obradoiro) nin o evento. Así, a valoración estará composta polo 60% do trabajo tutelado e o 40% da "Proba mixta".

Consideraráse como “non presentado” ao alumno que non entregue o traballo tutelado ou que non realice a proba mixta.

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (non só se tomará en conta, xa que logo, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza na aula baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión tomaránse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes