Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Análise Lingüística de Textos Españois
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 Diversos comentarios e exercicios sobre textos en español. 60
Proba práctica A5 A15 B7 Proba escrita en que se analizarán e comentarán textos en español. Deberán poñerse en práctica os conceptos e procedimentos adquiridos. 40
 
Observacións avaliación

Cualificarase como non presentado ("NP") a quen non se presente ao exame final oficial (proba práctica), independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda oportunidade poderanse recuperar os instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición de actas. Ofreceranse actividades alternativas ás realizadas nos obradoiros.

As actividades entregaranse no tempo e forma establecidos. No caso de actividades que se remitan a través de Moodle, o estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.

Os traballos, actividades e exame deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

Os estudantes con dispensa académica de asistencia a clases realizarán a proba práctica final e actividades alternativas ás
que se desenvolvan nos obradoiros.

Poderánse establecer as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.


Recoméndase un nivel de español equivalente a B2 ou superior para seguir esta materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes