Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Análise Lingüística de Textos Españois
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 Ao longo do cuadrimestre realizaranse análises e comentarios de diversos textos. Avaliaranse catro. Para ser cualificados na materia, deben entregar un mínimo de tres. E para aprobar hai que obter unha nota media mínima de 5 (sobre 10). 100
 
Observacións avaliación

En tódalas actividades escritas, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha se descontará da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor no caso dos alumnos Erasmus ou de outros programas de intercambio.

As actividades entregadas fóra do prazo estabelecido penalizaranse un 50% da nota.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar en exames, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase coa anulación total da actividade de que se trate.

Obterán a cualificación de NP (non presentado) os alumnos que entregasen menos de tres comentarios. 

Requírese un nivel de español de C1 a aqueles alumnos estranxeiros que desexen cursar a materia.

O procedemento de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que para a primeira. Os alumnos que non superaron a materia realizarán os comentarios que non fixeron para a primeira oportunidade ou os que foron cualificados con menos de 5 puntos. Gardaranse as notas superiores a 5. 

Na convocatoria adiantada de decembro (finalización de estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico.


Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia

Poñéranse en contacto coa profesora nas primeiras semanas do curso.

Os procedementos e as porcentaxes de avaliación serán as mesmas que para o resto dos alumnos, nas dúas oportunidades.

Os comentarios entregaranse en tódolos casos a través de Moodle, onde haberá un apartado especial para estes alumnos.

As titorías concertaranse por correo electrónico e se realizarán en horas adecuadas tanto para o alumno como para as profesoras.

Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través de Moodle e do correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes