Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Sociedade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia, e resolverá as dúbidas que os estudantes teñan sobre os contidos das lecturas encomendadas.
Lecturas As lecturas proporcionarán ao estudante a maior parte dos contidos do curso. O primeiro día de clase entregarase a relación de lecturas obrigatorias. As lecturas poden estar en diversos idiomas, fundamentalmente galego, castelán e inglés (bastantes lecturas estarán en inglés.) O estudante deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración. Ademais, o profesor poderá entregarlles aos alumnos (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos.
Recensión bilbiográfica O estudante deberá realizar informes de lectura ou recensións bibliográficas. Deberán axustarse ao formato que se especifique e entregarse nas datas establecidas.
Traballos tutelados O estudante deberá realizar un traballo académico individual. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento do traballo.
Proba mixta É unha proba de tipo teórico e aplicado que se realizará ao final de curso. Só a poderán facer os estudantes que cursen a materia por segunda o máis veces, ou que conten con dispensa académica; non a farán todos os estudantes. Véxase o apartado de "Observacións" á avaliación.
Obradoiro Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos...: todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias. Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación"; ademais, algunhas das tarefas (individuais e colectivas) avaliaranse especificamente no apartado de "Actividades realizadas."
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes