Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Sociedade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia, e responderá todas as dúbidas e cuestións formuladas polos/as estudantes a partir das súas lecturas obrigatorias. Prestarase especial atención ás implicacións teóricas e á dimensión aplicada dos contidos.
Lecturas A maior parte dos contidos do curso recóllense no dosier de lecturas obrigatorias: a relación destas lecturas facilitarase ao inicio de curso. As lecturas poden estar en diversos idiomas: as linguas básicas da materia son o galego, o castelán e o inglés. O/a estudante deberá ler os materiais correspondentes a cada tema antes de tratarse na aula, seguindo as indicacións do profesor/a.
Recensión bilbiográfica O/a estudante deberá realizar informes críticos de lectura e/ou recensións bibliográficas, para o que se axustará ao formato que se indique.
Traballos tutelados O/a estudante deberá realizar un ou dous traballos académicos individuais. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento do traballo, consultarlle as súas dúbidas e atender as súas indicacións.
Proba mixta É unha proba mixta escrita de tipo teórico e aplicado que se realizará ao final de curso, e só en casos extraordinarios cando as circunstancias o aconsellen. Véxase o apartado de "Observacións" á avaliación.
Obradoiro Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos...: todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias.
Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación", e algunhas das tarefas (individuais ou colectivas) avaliaranse especificamente no apartado de "Actividades realizadas".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes