Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 O estudante deberá realizar informes de lectura (recensións bibliográficas). Deberán axustarse ao formato que se especifique e entregarse nas datas establecidas. 40
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C6 Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos... Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación" (10%); ademais, algunhas das tarefas (individuais e colectivas) poderán avaliarse especificamente no apartado de actividades realizadas (ata un 60%). 34
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C7 O estudante deberá realizar un traballo académico individual. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. Ademais, se as circunstancias o permiten, deberá expoñelo e defendelo. 25
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A23 B4 B5 B6 B7 C1 C6 Só realizarán esta proba os estudantes que conten cunha dispensa académica oficial ou cursen a materia por segunda ou máis veces. Nestes dous casos, a cualificación da proba mixta substitúe parte da do apartado de recensións e actividades (60%) e a de asistencia e participación (10%). De consideralo conveniente o profesor, tamén substitúe a do apartado "Traballo tutelado" (30%). Terá un valor, polo tanto, do 30-70%. 1
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xuño 2019) responderá á seguinte distribución porcentual:

1.1. Un 60% responderá a recensións bibliográficas e actividades realizadas dentro e fóra da aula, grupais e/ou individuais, no marco dos obradoiros. Este apartado comprenderá 4 tarefas como moito, que entregarán no lugar, data e co formato que se indiquen.

1.2. Un 30% responderá ao traballo tutelado que o/a estudante realizará sobre un tema determinado polo profesor, incluíndo a súa posible exposición e defensa, así como os materiais desenvolvidos para a transmisión dos contidos aos restantes participantes no curso.

1.3. Un 10% responderá á asistencia e participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, tanto nas aulas presenciais como no traballo fóra delas.

1.4. Quen teña unha dispensa académica oficial ou curse a materia por segunda ou máis veces, realizará unha proba mixta na data e hora oficiais establecidas polo centro ao final do segundo cuadrimestre. Esta cualificación substituirá parte da do apartado 1.1 (aquelas actividades que non podan realizarse estando ausente da aula) e a do 1.3; de consideralo conveniente o profesor, tamén substituirá a do 1.2 (representará entre o 40 e o 70% da cualificación final).

1.5. Recibirá a cualificación final de Non Presentado quen entregue menos do 50% das tarefas do apartado 1.1 (ou, de ser o caso, non realizara a proba mixta); ademais, deberá non ter realizado o traballo tutelado (ou, de ser o caso, a proba mixta).

1.6. Os traballos, actividades ou informes/recensións nos que se detecte copia total
ou parcial serán cualificados
con cero puntos, e mesmo poderán supoñer o suspenso global na materia. Os entregados fóra de prazo sufrirán unha redución
considerable na cualificación ou mesmo serán computados na 2.ª oportunidade
de xullo.

1.7. Superará a materia quen obteña unha cualificación mínima global de 5.00, sempre que realizara o traballo tutelado (ou a proba mixta) e entregara polo menos a metade dos informes/recensións e das actividades (ou a proba mixta).

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2019).

2.1. O
reparto porcentual será idéntico ao da 1.ª oportunidade, e conservaranse as cualificacións de aprobado obtidas nela. Os
estudantes deberán realizar as actividades, informes/recensións e traballos
encargados (ou os que os substitúan) que non realizaran ou superaran no seu momento.

2.2. Quen debera realizar a proba mixta e non a superara, deberá facelo na data de xullo establecida polo centro.

2.3. Quen recibira unha cualificación inferior a 5.00 no apartado de "Asistencia e participación", recibirá un 40% polo traballo titorizado.

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2018).

3.1. Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns
poucos créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a
documentación pertinente na web da UDC.

3.2. Realizarase a
avaliación exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter
teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación. Recoméndase que o/a estudante contacte o antes posible co profesor se desexa presentarse a esta oportunidade.

4. USO DE FERRAMENTAS ANTIPLAXIO.

O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as estudantes durante o curso. De atopar coincidencias que exceden o razoable, terá consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non recibir puntuación algunha polo traballo afectado ou a cualificación de suspenso na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes