Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura e Cultura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 B3 B5 C1 Valoraráse a asistencia ás clases, tanto nas sesións expositivas como nos talleres. 5
Presentación oral A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C6 Presentarase na aula o resultado do traballo realizado, explicando o proceso de realización e os aspectos relevantes. A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 40
Obradoiro A11 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B7 B9 B10 C8 O traballo final será o resultado da aplicación dos coñecementos adquiridos. Valorarase la orixinalidad, a metodoloxía, e a presentación. 5
Proba mixta A3 A15 B1 B2 B3 B4 O día señalado no calendario oficial da facultade, os alumnos realizarán un examen no que demostrarán os coñecementos teórico-prácticos adquiridos 50
 
Observacións avaliación

Na aula especificarase os pormenores da realización do traballo. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia.Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.

Na primeira oportunidade realizarase unha proba mixta ou exame teórico (a finais do cuadrimestre correspondente), cuxa cualificación se sumará á do traballo práctico. Nesta oportunidade, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta". 

Na segunda oportunidade, a proba mixta será máis extensa e constará dunha parte teórica e outra práctica (esta parte práctica poderá completarse, no caso de que o docente o estime oportuno, coa entrega dun traballo).

En calquera das oportunidades da convocatoria única, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía. 

As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. 

Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. No relativo ás prácticas, estas poderán seguir o ritmo de entrega que se estableza para todo alumnado, ou, de ser imposible o seu seguimento, confeccionarase un calendario de entrega adaptado ás necesidades do estudante en concreto. Tamén se programarán titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes