Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura e Cultura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C2 C6 C8 Valorarase a elaboración continuada do traballo, a comunicación ao docente das dificultades e avances ao longo do proceso, o uso de axeitadas fontes de documentación e o tratamento coherente da información. 50
Presentación oral A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C2 C6 Presentarase na aula o resultado do traballo realizado, explicando o proceso de realización e os aspectos relevantes. 30
Sesión maxistral A1 A2 A3 A7 A11 B3 B5 B8 C1 C6 Valorarase a asistencia, atención e participación nestas clases. 20
 
Observacións avaliación

Na aula, na primeira sesión do curso, especificaranse os pormenores para a realización do traballo tutelado. A presentación oral do traballo —duración, ferramentas empregadas, obxectivos— realizarase na sesión correspondente. Os plaxios detectados con calquera aplicación informática da UDC ou polo mesmo profesor, conlevarán unha cualificación de 0,00 inapelable.

A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega deste traballo tutelado, adecuadamente deseñado e impreso. Se o traballo non se entrega, o alumno será cualificado cun NON PRESENTADO.

Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.

O estudante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro), deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).

Ao principio de curso entregarase aos estudantes un barreno pormenorizado de que será tido en conta na avaliación do traballo: coherencia, corrección, estrutura, ortografía, etc. 

Os alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao comezo do curso —non máis tarde— para a organización da súa docencia. Programaranse titorías presenciais e non presenciais para cursar satisfactoriamente a materia.

Plaxio

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) penalizarase coa aplicación do establecido na normativa académica. Compre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado. Esta ferramenta permite detectar textos ou porcións procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades.

Atención á diversidade

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía: pat.filoloxia[at]udc.gal. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes