Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A8 A10 A15 A19 C4 Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 40
Proba oral A1 A3 A10 A14 B3 B6 B9 C3 Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 30
Actividades iniciais A1 A3 A10 A20 A22 B1 B7 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos, redacións, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia.
30
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación: na
primeira oportunidade, o alumnado ten que cumprir as seguintes condicións:
aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral e entregar as actividades
propostas na avaliación cunha nota mínima dun 5. Non se terán en conta as
actividades entregadas fóra de prazo. No caso de non aprobar o conxunto da
probas oral e escrita a nota final será un 4. A proba oral terá lugar nas últimas
aulas do mes de decembro.

Considerarase como Non Presentado
aquel alumno ou alumna que non se presenten ás Probas mixta e oral. Os
exercicios terán que entregarse semanalmente.

Os traballos presentados polo
alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección
do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras
universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha
destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión
e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario"
artigo 14).

Na segunda oportunidade se a/o
estudante aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as
actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até 2 semanas antes do
exame. Non se aceptarán exercicios fora deste prazo. A proba oral se realizará
o mesmo día do exame. Se os/as alumnos/as non aprobaron o conxunto das probas
mixta e oral terán que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas
o suspensas as demais actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso
darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da
avaliación.

O alumnado con dispensa académica
de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para
recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua
ao longo de todo o curso. Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto
dos alumnos e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir
coa profesora.

No caso de ter alumnos/as na
convocatoria de decembro, o alumnado terá que superar as mesmas probas da
convocatoria de xaneiro coa mesma porcentaxe.

A materia
poderá ser adaptada aos/ás estudantes que precisaren da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC
/ no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes