Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Portugués
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Entendemos por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión da persoa encargada da docencia.
Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado.
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que cada estudante terá de coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O alumnado deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Proba obxectiva A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas.
Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Presentación oral Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa de cada estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co profesor ou coa profesora, en que talvez deba improvisar determinadas situacións.
Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio.
Resumo Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, coa finalidade de facilitaren a súa comprensión.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica.
Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación do profesor ou da profesora, o alumnado levará a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben organizados en pequenos grupos, co obxectivo de partillar información, coñecementos e habilidades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes