Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 Os traballos non presenciais (individuais e grupais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final. Concederase especial relevancia á aprendizaxe colaborativa.
20
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 C4 Cada estudante terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Proba obxectiva A8 A10 A15 B1 B5 B6 B7 C2 O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Obradoiro A8 A10 A15 B3 B4 B6 B7 C2 Serán avaliados un conxunto seleccionado dos traballos (orais ou escritos) desenvolvidos nas aulas de maneira individual ou colectiva 10
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e cos procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que subirá á plataforma moodle. 

1.2. Para superar a materia, a cualificación mínima da proba obxectiva deberá ser de 5 puntos sobre 10.

1.3. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado
en formato "rúbrica" nas aulas ou a través
de moodle. O / A docente achegará, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

1.4. Os traballos tutelados entregaranse na  aula, en papel, nos días fixados polo profesorado.

1.5. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final das
actividades
se estas se entregaren fóra de prazo sen causa xustificada. Alén diso, se se detectar plaxio, este levará consigo o suspenso na
actividade.

1.6. Os / As
alumnos/as que non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou
totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe
seguinte.

1.7. Tanto as actividades como as probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias
mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de
Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

1.8. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán
ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña” (artigo 14.4).

 

2. CUALIFICACIÓN  NA 2.ª OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1. As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas reservadas para a avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que se lles solicitaren e
superar tamén aquelas probas (orais e / ou escritas) fixadas polo
profesorado da materia.


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A (NP)

3.1.
Será considerado/a Non Presentado/a aquel alumno ou alumna que non
compareza á proba escrita ou que non entregue ningunha das actividades.


4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará
ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada
previamente
co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante (os traballos relativos ao obradoiro solicitaránselle por e-mail) e, se non puidese asistir ás titorías,
deberá contactar cos / coas docentes a través do correo
electrónico.


5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

5.1. O alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte manera: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20 %) e traballos tutelados (30 %).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes