Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Idioma Moderno 2: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A8 A15 B4 B6 B7 C2 C4 As intervencións, orais e escritas, do/da estudante durante as sesións presenciais serán obxecto de avaliación, levando en conta especialmente os recursos comunicativos de cada alumno/a e a sua capacidade para resolver os problemas colocados. 10
Obradoiro A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Serán realizadas atividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (léxico, gramática, fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa do estudantado. 20
Presentación oral A8 A15 B4 B7 C2 Cada alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa.
Para alén da interacción oral corrente na sala de aulas, cada estudante deberá realizar unha prova de leitura e outra de interacción linguística.
15
Proba mixta A8 A10 A15 B4 B7 C2 Cada estudante deberá realizar unha proba mixta de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 40
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado".
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel pola materia na sala de aulas ou através do Moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas neste guía.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes